jueves, 13 de junio de 2024

INTERCAMBIO ARTÍSTICO CO CPI DA CAÑIZA


Dende O IES O Ribeiro amosamos o noso Bacharelato de Artes, Imaxe e Deseño a centros da contorna.

Tivemos un intercambio co alumnado de 4º da ESO do CPI da Cañiza, antigo centro de Idaiara Carrera, polo que ela, con moita ilusión, foi a encargada de amosar os traballos que fixera este primeiro ano no bacharelato artístico. Falou tamén de como eran as materias, os estudos aos que se poden optar unha vez rematado este bacharelato e as súas saídas profesionais.

Fixemos con eles unha actividade de debuxo baseado na observación e finalmente acompañámolos á súa aula de plástica para continuar con eles un traballo de linogravado. Repetiremos a experiencia. Moitas grazas ao CPI da Cañiza pola súa acollida e en especial ao seu profesor de plástica Ángel.



 Podes ver unha noticia relacionada con esta actividade, publicada por la Voz de Galicia