martes, 14 de mayo de 2024

EXCURSIÓN A ALLARIZ - PROXECTO TERRA

Hoxe, o alumnado de 1º da ESO realizou unha saída a Allariz dentro do programa Proxecta+  ProxectoTERRA.

As actividades realiazdas foron unha visita á fábrica do coiro, ao museo da moda, un roteiro polo casco vello da Vila e comida no Ecoparque do Rexo, onde visitamos á súa granxa, a fábrica de queixo e a obra de Ibarrola. Rematamos a visita cunha degustación dos seus queixos, boísimos!