jueves, 11 de enero de 2024

ARRANCAMOS FOTOGRAFÍA EN CURSO!

 


ARRANCAMOS!! Un curso máis afrontando fotografía en curso con moita ilusión. Este ano imos traballar cos grupos de 3º e 4º da ESO nun proxecto relacionado co importante pasado xudeu da vila de Ribadavia chamado “a pegada sefardí”

Nestas fotos podedes ver as dinámicas iniciais de achegamento ao fondo fotográfico co que comezamos a traballar nos cadernos que nós mesmos deseñamos.


O alumnado de bacharelato de artes creou para nós un pictograma para o espazo fotográfico que esperamos ter pronto cheo de vivencias.