sábado, 29 de junio de 2024
miércoles, 26 de junio de 2024
FOTOGRAFÍA EN CURSO 4º ESO
Fotografía en curso é un programa de difusión e pedagoxía da creación coordinado polo CGAI en colaboración co Plan Proxecta+, iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Levamos varios cursos participando neste programa e nesta ocasión co alumnado de terceiro e cuarto da ESO nas materias de EPVA (Educación plástica, visual e audiovisual) e Expresión Artística e cos alumnos de primeiro de bacharelato de Artes, na materia de Proxectos Artísticos. Parte dos traballos fotográficos dos nosos alumnos e doutros centros poden verse no blogue do proxecto. Aquí tedes algunhas mostras dos nosos de 4ºda ESO:
lunes, 17 de junio de 2024
FOTOGRAFÍA EN CURSO 3º ESO
Fotografía en curso é un programa de difusión e pedagoxía da creación coordinado polo CGAI en colaboración co Plan Proxecta+, iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Levamos varios cursos participando neste programa e nesta ocasión co alumnado de terceiro e cuarto da ESO nas materias de EPVA (Educación plástica, visual e audiovisual) e Expresión Artística e cos alumnos de primeiro de bacharelato de Artes, na materia de Proxectos Artísticos. Parte dos traballos fotográficos dos nosos alumnos e doutros centros poden verse no blogue do proxecto. Aquí tedes algunhas mostras dos nosos de 3º da ESO:
viernes, 14 de junio de 2024
FOTOGRAFÍA EN CURSO 1º BAC ARTES
Fotografía en curso é un programa de difusión e pedagoxía da creación coordinado polo CGAI en colaboración co Plan Proxecta+, iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Levamos varios cursos participando neste programa e nesta ocasión co alumnado de terceiro e cuarto da ESO nas materias de EPVA (Educación plástica, visual e audiovisual) e Expresión Artística e cos alumnos de primeiro de bacharelato de Artes, na materia de Proxectos Artísticos. Parte dos traballos fotográficos dos nosos alumnos e doutros centros poden verse no blogue do proxecto. Aquí tedes algunhas mostras dos nosos de 1º de Bacharelato de Artes, imaxe e Deseño:
jueves, 13 de junio de 2024
INTERCAMBIO ARTÍSTICO CO CPI DA CAÑIZA
Dende O IES O Ribeiro amosamos o noso Bacharelato de Artes, Imaxe e Deseño a centros da contorna.
Tivemos un intercambio co alumnado de 4º da ESO do CPI da Cañiza, antigo centro de Idaiara Carrera, polo que ela, con moita ilusión, foi a encargada de amosar os traballos que fixera este primeiro ano no bacharelato artístico. Falou tamén de como eran as materias, os estudos aos que se poden optar unha vez rematado este bacharelato e as súas saídas profesionais.
Fixemos con eles unha actividade de debuxo baseado na observación e finalmente acompañámolos á súa aula de plástica para continuar con eles un traballo de linogravado. Repetiremos a experiencia. Moitas grazas ao CPI da Cañiza pola súa acollida e en especial ao seu profesor de plástica Ángel.
-
ARRANCAMOS!! Un curso máis afrontando fotografía en curso con moita ilusión. Este ano imos traballar cos grupos de 3º e 4º da ESO nun pro...
-
ATENCIÓN ÓS SINAIS!! Actividade para conmemorar o 25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller - feita polo alumnado ...