Plantando árbores con pinceis é un proxecto pioneiro pola sostibilidade que mestura cultura, creatividade e coidado do medio ambiente a través da realización no centro de Murais Artísticos Colaborativos e Ecolóxicos e obradoiros de pintado de bolsas de tea con pinturas fotocatalíticas anticontaminación.
Cada metro cadrado pintado con estas pinturas absorve a mesma cantidade de gases contaminates que unha árbore.
Repartímonos para participar no pintado do mural e no obradoiro de pintado de bolsas de tea, con estas pinturas e con temáticas relacionadas co medioambiente, deseñadas polo alumnado.
O mural foi pintado na cafetería do centro e inspirouse en bocetos feitos polos estudantes que participaron. Ao final quedou para o recordo unha estampa da vila de Ribadavia moi chula!