sábado, 25 de noviembre de 2023

25N

ATENCIÓN ÓS SINAIS!!

Actividade para conmemorar o 25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller - feita polo alumnado de plástica da ESO e do Bacharelato de Artes.

Comezamos a actividade traballando co noso alumnado para entender os conceptos da escada da violencia mediante a visualización de vídeos, a análise de datos reais sobre a violencia de xénero, o ciclo da violencia de xénero e os distintos tipos da mesma. A continuación, deseñaron sinais, como se se tratase de sinais de tráfico, poñendo previamente en común os elementos deberían incluír. Os sinais podían ser de advertencia para previr conductas violentas, de prohibición, de perigo ou stop, advertindo de condutas machistas que se teñen que detectar e non tolerar, ou de obriga, con mensaxes sobre a igualdade e o respecto que se deben dar en toda relación interpersoal. 

Por último, colocamos estes sinais polo centro a modo de instalación artística, para que toda a comunidade educativa sexa consciente desta realidade e desta forma conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.


viernes, 10 de noviembre de 2023

TEXTURAS. DEBUXO ARTÍSTICO II

A continuación unha pequena mostra dos traballos de texturas feitos polo alumnado de 2º de Bacharelato de Artes para a materia Debuxo Artístico II